Farto de etiquetas.

Reivindico o dereito a pensar como me dea a gana sen que ninguén me etiquete. Estou canso de que cada vez que expreso a miña opinión, me risquen do que non son, colóquenme nun lado, e saiban máis ca min da miña propia ideoloxía.
Preocúpame tanta aliñación. Ou pensas e dis exactamente o que che din, ou estás cos outros.
Pois séntoo moito por todos os que non sodes capaces de opinar libremente. Eu sí. Seguirei dicindo o que pense e me dea a gana a cada momento, e en cada situación, iso si, como sempre fixen, con honestidade, honradez e sen intentar molestar a ninguén.
E quen  me  queira  etiquetar, é o seu problema. Quen non  sexa capaz de decidir soamente por si mesmo, é o seu problema. E se isto lle causa un problema conmigo, síntoo moito, pero esta guerra non é a miña.
Son como son, como Deus me fixo, nin peor nin mellor que ninguén, pero iso sí, eu  SON LIBRE.
E non se che esqueza nunca que Deus nos prefire libres antes que salvados.
M.B.

domingo 10 xullo 2011

En Un pouco de todo | | Permalink






os comentarios foron deshabilitados.
$pageModel.customWidgetHTML