Eu tamén sacarei todos os crucifixos.
¡Que inmoralidade!
É imperdoable ter mantido publicamente o símbolo dese homiño xudeu que mereceu tal morte por denunciar a corrupción dos poderes políticos e relixiosos da súa época, por opoñerse á opresión e abusos que os gobernantes impoñían ao pobo, por andar con prostitutas, ladróns e ilegais, que entregou a súa vida ata o sacrificio en cruz por andar defendendo a liberdade, a dignidade e a igualdade de todos os seres humanos. E para o colmo creou non sei que subversiva ideoloxía baseada unicamente nunha perigosa palabra: AMOR.
domingo 10 xullo 2011
En As miñas crenzas | | Permalink
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns