Eu son un indignado ... co aborto
A chamada "cultura da morte" que se está a instalar con forza nas chamadas "sociedades avanzadas" do primeiro mundo, está a empezar a ser aceptada cada vez máis por todos os católicos, esquecendo e negando a súa propia fe xa que para un cristián a vida soamente a dá e a quita Deus.
Preocúpame tremendamente que moitos estean a usar este gran problema para os seus propios réditos persoais, e dependendo do político correspondente, estarán máis ou menos de acordo coa lei de despenalización do aborto.
Hoxe tanto a dereita como a esquerda neste país son abortistas, así de claro. E non comprendo como dentro do PSOE ou dentro do PP, os cristiáns non están xa organizados en correntes para lograr ser maioría nos seus partidos e incorporar no seu programa a derrogación de tan abominable lei.
Peor é cando falas con eles, e intentan desculpar unha e outra vez as directrices do seu partido, todo en prol duns votos que non se poden perder. E para o colmo, aínda hai quen se desculpa co ruín tópico do "mal menor", coma se para un cristián puidese ser unha opción o "mal menor".
Pois alá eles e a súa conciencia, pero a min non me "pillan" nesa viaxe.
Parece que a papeleta branca sexa nosa única opción. M.B.
domingo 10 xullo 2011
Comentarios
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
canta razon tes. estou totalm.ente de acordo. xa esta nen de aturalos
enviado por isa o 10 xullo 2011 ás 04:54 PM CEST #